• Exhaustivos de principio a fin

  • Exhaustivos de principio a fin

  • Exhaustivos de principio a fin

Noticias

UN JUZGADO CORUÑES ANULA UNA VENTA INCORRECTA DE PREFERENTES.-PERICIAL DE JOSE ANTONIO PENA BEIROA-SOCIO DE DDC

06/04/2015


O Xulgado de Reforzo de A Coruña vén de notificar unha sentenza que estima a demanda dun construtor xubilado coruñés e anula a venda pólo Banco Santantes de 50.000 euros de participacións preferentes da empresa alimentaria Sos Cuétara, intermediada póla oficina da rúa Barcelona do devandito banco. Según o despacho Pérez-Lema de abogados, das resultas desta anulación tamén se anulou a conversión posterior destas participacións preferentes en accións de Sos Cuétara, en decembro de 2010. 


Según o letrado, deste xeito o Santander haberá de devolverlle ao seu cliente os 50.000 euros investidos neses produtos, xunto cos seus xuros legais dende a data da contratación (28.11.2006) e as custas de avogado, procurador e pericial (desenvolvida polo economista José Antonio Pena Beiroa). Pola súa banda, o cliente haberá restituir os rendementos percebidos xunto cos seus xuros legais. O banco fica coa plena propiedade das accións entregadas en troques das participacións preferentes.

Pérez Lema cita como principais novidades deste caso fronte a outros mais cotiáns en materia financeira en Galicia que o Banco Santander non comercializou os seus proprios produtos, senón unha emisión de preferentes dunha empresa alimentaria cliente súa. «Existe conflito de intereses entre o cliente minorista do Banco e a cliente emisora de preferentes», indica. Además, o cliente tiña, segundo o banco, un perfil «investidor moderado», con fondos de investimento estruturados  e mesmo mercara o ano anterior preferentes do próprio Banco Santander. Para Pérez Lema, «de calquera xeito, a xuiza considera que a información fornecida polo banco non foi abonda nin tampouco coa anticipación precisa para que o cliente se fixese unha diea cabal do que contrataba, velaí a decisión xudicial anulatoria».

Fuente: La Voz de Galicia

 volver
  • síguenos en linkedin
  • síguenos en facebook
  • síguenos en twitter

Calle Compostela, 8 - 5ºD - 15004 - A Coruña - telf.: 881 105 109/881 879 902 - fax: 981 926 901

Rúa Doctor Cadaval, 21, 3ª - Oficina 14 - 36202 Vigo – Pontevedra - telf.: 687 553 606 - fax: 986 441 450

info@ddceconomistasyabogados.com